Tuesday 21 de May de 2024

O Concello abre inscriciónna primeira ruta do programa Andainas Saudables, paso a paso por Neda


Celebrarase o sábado 14 de xaneiro, con saída do Albergue de Peregrinos

O Concello poñerá en marcha ao longo dos vindeiros meses o programa Andainas Saudables, paso a paso por Neda. Rutas con carácter mensual por diferentes espazos do municipio cos que fomentar hábitos saudables a través da práctica deportiva. A primeira delas celebrarase o vindeiro sábado 14 de xaneiro, con saída do Albergue de Peregrinos ás 10:00 horas. Cunha distancia a cubrir de 8,15 quilómetros, trátase dun itinerario circular de dificultade media-baixa, para persoas a partir de 13 anos, que discorrerá, entre outros puntos, polo paseo marítimo e a zona do Puntal.

Con participación gratuíta e plazas limitadas, o Concello abrirá mañá xoves o plazo de inscrición, que deberá formalizarse chamando ao 981 38 00 39 (de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 h).

O programa, que forma parte do proxecto NedActívate, conta coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, imprescindible para levalo a cabo, así como da Sociedade Cultural e Deportiva do Roxal, con persoal voluntario.